Estimado cliente, a creación de COCINARIUM baséase nun novo concepto de tenda de moble de cociña e baño, un concepto cimentado sobre novos servizos exclusivos de COCINARIUM, e que lle invitamos a descubrir.

O servizo integral aos nosos clientes, sempre entendido como un todo, ata o momento último de entrega física da cociña, e a solución de calquera problema, por pequeno que pareza, terá unha resposta profesional o máis inmediata posible.


O servizo non se entenderá só durante o proceso de venda, senón tamén a través de servizos post venda, como información periódica sobre novidades, tendencias de deseño, receitas, catas de viño, cursos de cociña…

O deseño máis innovador, cos mellores profesionais traballando para vostede, desde o noso persoal de tenda ata o propio Pininfarina pensaron en solucións para a súa cociña.

O equipo humano, con experiencia en solucións integrais para a súa cociña ou baño, será un elemento diferenciador en COCINARIUM. Non só facemos proxectos, senón que os sentimos e vivimos co noso cliente, para facer a mellor cociña para as súas necesidades; a mellor cociña para vostede e a súa familia, unha cociña onde non só se cociñe, senón que sirva de lugar de reunión, de intimidade e de sociedade,cociñas para vivilas !!!Os nosos deseños totalmente informatizados, con seguimentos desde fábrica para garantir a calidade de todos os procesos, financiamentos únicos con formas de pagos de ata 96 meses, para que non teña que renunciar ao mellor deseño na súa cociña, son solucións de COCINARIUM.

E por suposto, cando falamos de deseño, falamos de deseño con calidade exquisita. A calidade das nosas cociñas queda certificada con garantías de ata 10 anos para as cociñas Snaidero.

Unha vez máis, doulle a benvida ao mundo das cociñas, ao mundo COCINARIUM.


NOVIDADES COCINARIUM

©2024 Cocinarium.com \ Contacte connosco \ Aviso Legal